Personaxes
Este é un índice das personaxes, falareivos un pouco delas e porei un enlace a todas ass entradas nas que se fala delas. [En construcción. Nada é definitivo]
Tori - Protagonista
É unha Garda da escola da Loba. Os seus ollos e cabelos son castaños. Non é alta nin baixa, gorda nin delgada. Pasa desapercibida. Gústanlle as súas mans.
Leva máis de mil anos no negocio e xa se ten saltado as normas máis dunha vez. Tori non é ambiciosa, pero tampouco unha cobarde. Non se arredará a ningún desafío. Non é unha Rouba Almas nin un Ave Branca. A súa hora está próxima.
Segue coñecendo a Tori.
Eco - a Primeira Mestra
É unha Garda da escola da Loba. A primeira mestra de Tori. A avoa de Terra. É unha vella con aspecto de nena. Os seus ollos son azuis, mortos. O seu cabelo é louro, pero sempre está sucio. Eco busca venganza, aliméntase da ira e cada vez é máis poderosa. Eco leva sendo Garda máis anos dos que ninguén lembra, din que cando os Antigos escribiron nas estrelas, ela xa estaba alí, contemplándoos. Non se deterá ata acabar con Tori. Nin a morte poderá parala.
Segue coñecendo a Eco.
Terra - a Segunda Mestra
Era unha Garda da escola da Salamántiga. A segunda mestra de Tori. A neta de Eco. Era unha nena con aspecto de vella. Os seus ollos eran da cor da vida e o seu cabelo branco coma a neve, ela era perfecta. A súa pel estaba engurrada, pero era fermosa. Terra era a máis poderosa, escribíu nas estrelas os primeiros conxuros cando todavía era unha nova Garda. Morreu a mans de Tori, cun sorriso no rostro, satisfeita. Feliz.
Coñece máis a Terra (mentres poidas).
Kiba - o Inimigo
É un Garda da escola da Tigresa. Un Tigre en toda regla. Ambicioso e algo cruel. Ten o cabelo oscuro e os ollos verdes, é fermoso. É terrible, poderoso. Se alguén quere selar un espírito dos grandes, terá que enfrontarse a el. E perderá, seguro.
Tori amouno no pasado e sabe que, se chega a necesitalo, pode contar con el, pero non lle pedirá axuda.
Segue as viaxes de Kiba (pero coidado coas súas mentiras).
Emma - o máis grande amor
Emma era humana, unha simple humana cun sorriso doce e ollos alegres. Morreu moito tempo atrás, pero Tori nunca a esqueceu.
Non foi a primeira nin a última, pero algo en Emma a fixo especial. Tori quíxoa ata o día da súa morte, acunou o seu corpo ancián entre os seus brazos e acompañou o seu espírito canso ata o Outro Mundo. Desapareceu para sempre.
Namórate do recordo de Emma.
Naia




