Emma

Antes de falarte de por que me chamaron a Ave Branca, teño que falarte de Emma. Cando a coñecín non era a persoa que fun despois, nin moito menos a que son hoxe. Estaba inmersa na miña época máis escura, pero ela ensinoume outro camiño. Non quero adiantarme, esta historia é importante...

Coñecémonos en 1850, na cidade de París. Ela era inglesa, pero vivía alí co seu marido. Era unha muller extraordinaria, incluso para a época. A primeira vez que a vin, eu estaba sentada nun banco, pasaba desapercibida ante os humanos, non podían verme. Estaba gorda, tiña a pel rosada e o cabelo louro. Os seus ollos eran dourados. Vina fermosa.

Miroume fixamente, parouse ante min, sen mover un músculo. Eu tamén me detiven, incrédula. Podía verme? O tempo detívose un instante mentres os nosos ollos se cruzaban. Deviou a vista a ambos lados, fixándose nas reaccións da xente. Non puiden sorprenderme máis: era unha médium. A segunda que atopei na miña vida, son extremadamente raras. Soubo de seguido que eu non pertencía ao seu mundo, non de todo, polo menos, o meu aspecto me delataba. Levaba pantalóns, unha camisa branca e un chaleco de coiro, por aquela época non estaba ben visto que as mulleres vestiran así. Ademais, non se vían moitos asíaticos en París naquela época.

Rinme. Aquela muller estaba perplexa, non sabía que facer. Saudeina coa man e, tras un minuto de dúbida, devolveume o xesto e sorriu. Camiñou cara min e sentouse ao meu lado no banco. Fixo como que lia unha novela e tapou os seus beizos vermellos.

—É un espírito? —quixo saber. Neguei coa cabeza —. Debo presentarme: son Emma. Dígame, quen é vostede? —insistiu.

—O meu nome é Tori —presenteime. Ofrecinlle a man, pero retireina de seguido. Facía moito tempo que non trataba con humanos e xa non lembraba os costumes. A ela non lle pasou desapercibido.

—Compórtase de forma moi peculiar, Tori. Case coma se fose un home, aínda que non cabe dúbida de que é unha muller, o a cabe? —rematou, inclinando a cabeza cara a dereita. O cabelo, que levaba graciosamente recollido, quixo nese intre liberar un mechón que lle caeu con descaro sobre a cara.

 Non lle respondín, pero sorrinlle. Era amable. Convidoume a comer á súa casa. Dixo que via moitos espíritos, pero que a maioría non reparaban nela e, moito menos, querían falar. Non lle expliquei quen era, so a escoitei. Pareceume que precisaba falar, liberar algo de carga.

Faloume un pouco sobre a súa vida, pero sobre todo sobre literatura. Encantáballe ler. Ensinoume varias ducias de libros aos que chamou os seus favoritos e entre os que non se podía decidir. Despois paseamos pola rúa, en silencio, so desfrutando da mutua compañía.

Non sei por que me quedei con ela. Quizais vin algo fermoso en ela, despois de tanta dor e de tanto mal causado. Quizais so estaba soa e, despois de tanto tempo, alguén me obligara a falar. Alguén quería estar comigo por iniciativa propia. Facía moito da última vez, seguramente demasiado.

Namoreime dela pouco a pouco. Do seu sorriso, cando lia unha escena que a enternecía e de como se emocionaba, aínda que soubera as palabras case de memoria. Da súa voz, que era forte e sempre chamaba a atención. Namoroume a súa forma de pasar a vida, sempre intentando axudar aos espíritos que atopaba. Gustábame como coidaba a súa pel, que era moi delicada e que sempre se deixara algo atrás.

Cando a coñecín tiña vinte anos e levaba un ano casada. El era maior, amable, educado, non lembro o seu aspecto porque non soportaba miralo. Facía negocios co pai de Emma e encaprichárase dela, non dubidaron en entregala. Case sempre viaxaba e ela quedaba no seu piso. Era feliz, pero sentía a soidade. Cando el aparecía, ela me pedía que me fora. E eu o facía, pero podía imaxinarme a escena: unha cea agradable, unha conversación centrada e el e, á hora de deitarse, Emma miraba ao teito, agardando o final, aguantando a dor. Polas mañás, cando el xa marchara, aparecía ao seu lado. Lembro unha en concreto, ela estaba no baño, lavándose as pernas manchadas de sangue nunha elegante bañeira. Choraba. Cando entrei intentou conterse, sentíase humillada. Aperteina, notei o seu corpo: brando e agradable, apoiándose contra min. Deixou que a consolara. Acaricieille o pelo e díxenlle que a quería. E chorei en silencio xunto a ela.

Emma sabía que tiña que haber algo mellor, que aquelas noites non eran para ela. Que non debían ser para nadie. Na sociedade na que vivía, era algo normal, e iso o facía todavía peor, porque ninguén o chamaba polo seu nome: violación. Nin sequera eu. Supliqueille que nos fugáramos, xureille que coidaría dela, pero non se atrevía, educárana para ser unha boa esposa e, por moito que se revelara contra esa idea, non podía liberarse completamente das ideas que lle inculcaran desde o seu nacemento.

Non sei canto tempo pasou ata que Emma me bicou por primera vez. Pero lembro o momento exacto. Achegouse a min pola espalda, mentres eu lía tranquilamente, apartoume o cabelo cara atrás e preguntoume suavemente se realmente a quería. Sorrín:

—Claro... —respondín.

Volvinme cara ela e pousou os seus beizos sobre os meus. Eran suaves e agradables. Bicoume e sentouse nas miñas pernas, apoiando a cabeza no meu ombreiro.

—Eu a ti tamén.

Non podo evitar sorrir ao lembralo. Seguramente lle deu moitas voltas antes de atreverse, era unha época difícil para aqueles que non seguían a norma.
 
O día que me nomearon Ladrona de Almas todo cambiou para min. Volvinme cruel. Deixou de afectarme a dor dos demais, deixou de importarme. Simplemente facía o meu traballo con eficacia, sen empatía, porque non era necesaria. Non falaba cos espíritos, só conxuraba o que precisaban para cruzar. Desfacíame deles coma se foran unha molesta. Hai moitas Gardas así. Se algún se resistía, o selaba. En algúns casos aprecían espíritos coma o Monxe ou o Home Sen Emocións, directamente os torturaba e selaba. Sen remordementos. Todo iso cambiou cando coñecín a Emma. Pasei dous anos ao seu carón, levando a mesma vida tranquila ca ela. Lendo e axudándoa nas súas tarefas. Chegou a parecerme aburrido, pero non soportaba a idea de deixala soa. Non quería nin imaxinar que desaparecía un instante e el chegaba. Aínda que sempre tivera que agardar fora da casa ata que se marchaba. Pensei en matalo moitas veces, estiven a piques de seguilo cando se iba en centos de ocasións, pero sempre subía as escaleiras para reunirme con Emma.

—Podo acabar con el —murmurei un día, mentres faciamos té na cociña.

Miroume, os seus ollos de ouro humedecéronse. Negou coa cabeza e apoiouse no meu ombreiro. Era algo máis baixa ca min. Non dixemos nada, aínda que eu quería seguir falando e convencela, pero gardei silencio. Non foi fácil.

Por sorte, o triste ano no que Napoleón foi nomeado emperador dos franceses, o marido de Emma faleceu. Para min foi unha veradeira alegría, pero ela tiña sentimentos encontrados. Non chorou por el, pero tampouco sorriu. O día despois do enterro, no que actuou de estoica e resignada viuva, fuximos de París. Quedámonos en Francia, pero nunha pequena vila. Fomos moi felices alí ata a fin dos seus días.

Todo o bo remata, non si?

Comentarios