Emma
Antes de falarte de por que me chamaron a Ave Branca, teño que falarte de Emma. Cando a coñecín non era a persoa que fun despois, nin moito menos a que son hoxe. Estaba inmersa na miña época máis escura, pero ela ensinoume outro camiño. Non quero adiantarme, esta historia é importante... Coñecémonos en 1850, na cidade de París. Ela era inglesa, pero vivía alí co seu marido. Era unha muller extraordinaria, incluso para a época. A primeira vez que a vin, eu estaba sentada nun banco, pasaba desapercibida ante os humanos, non podían verme. Estaba gorda, tiña a pel rosada e o cabelo louro. Os seus ollos eran dourados. Vina fermosa. Miroume fixamente, parouse ante min, sen mover un músculo. Eu tamén me detiven, incrédula. Podía verme? O tempo detívose un instante mentres os nosos ollos se cruzaban. Deviou a vista a ambos lados, fixándose nas reaccións da xente. Non puiden sorprenderme máis: era unha médium. A segunda que atopei na miña vida, son extremadamente raras. Soubo de seguido que...