Publicacións

Onde empezar a ler

Introducción: Aurigas (Parte I) [Corrixido]

Disque cando un espírito che toca o teu destino cambia por completo. Alguén aparece na túa porta e colle a túa man para levarte consigo. Iso foi o que me pasou a min. Os recordos de aquela época son difusos, fai tanto tempo que xa non lembro nin en que ano nacín. Si que sei que ocorreu en Xapón e que, apenas tendo eu idade casadeira, houbo unha guerra civil na que o meu pai combatía. Co tempo decidín investigar e penso que debía correr o ano 1221. Lembro ter ido ao templo coa miña nai, a rezar. Podo evocar as longas escaleiras que me levaron alí, a madeira coloreada de vermello, as cordas. Notei moito frío e unha brisa que me empurraba desde atrás. Non me atrevín a darme a volta, pero pareceume que unha man agarraba o meu corazón e o conxelaba para sempre. Nunca máis o volvín a sentir latir. Sei que saín correndo e volvín a casa, a miña nai chamoume a berros, pero non me volvín. Fai tanto, tanto tempo que non podo lembrar a súa cara, nin sequera sei como se chamaba ou que nome me d...

Emma

Antes de falarte de por que me chamaron a Ave Branca, teño que falarte de Emma. Cando a coñecín non era a persoa que fun despois, nin moito menos a que son hoxe. Estaba inmersa na miña época máis escura, pero ela ensinoume outro camiño. Non quero adiantarme, esta historia é importante... Coñecémonos en 1850, na cidade de París. Ela era inglesa, pero vivía alí co seu marido. Era unha muller extraordinaria, incluso para a época. A primeira vez que a vin, eu estaba sentada nun banco, pasaba desapercibida ante os humanos, non podían verme. Estaba gorda, tiña a pel rosada e o cabelo louro. Os seus ollos eran dourados. Vina fermosa. Miroume fixamente, parouse ante min, sen mover un músculo. Eu tamén me detiven, incrédula. Podía verme? O tempo detívose un instante mentres os nosos ollos se cruzaban. Deviou a vista a ambos lados, fixándose nas reaccións da xente. Non puiden sorprenderme máis: era unha médium. A segunda que atopei na miña vida, son extremadamente raras. Soubo de seguido que...

A liberación de Annia

Cóntoche isto agora para que non che dea tempo a olvidarte de Annia, pero pasou moito tempo antes de que fora a rescatala. Foron cento vinte anos. Emma acababa de morrer, dándome o nome de Ave Branca. Xa che falei do Inferno, alí van os espíritos que foron selados. É unha cárcere, alí están retidos. Non poden interaccionar con ninguén: morto ou vivo. Están baixo o máis absoluto control. Aplícanselles constantes conxuros de calma, trátanse as súas emocións, pero non deixa de ser unha cárcere. Non é un lugar agradable, non era o lugar que merecía Annia. So a Garda que o selou pode quitar a un espírito do Inferno, se morre, son os Ancestros quen se ocupan. Moitos deles levan alí moitos séculos, cando chegas podes sentir a súa tristeza, a súa sensación de abandono... O Inferno non é un edificio, non ten paredes nin chan ou teito. Non é sequera un lugar determinado, é unha especie de multidimensión, se queres entendelo así, onde repousan os espíritos, pero so nós podemos movernos libr...

Tori a Ladrona de Almas (III)

A noite era escura. O lume seguía vivo na entrada. Todo era silencio. Todo era calma. Sabía onde se atopaba Annia, pero non me atrevín a ir a por ela. A advertencia de Alba deixárame aterrada. Non ter a axuda do vello non era o que me asustaba, era non ter sentido o seu engano. Sabía que era poderoso, pois as súas roupas eran antigas, levába túnica e zapatos sinxelos, coma un monxe. Seguramente levaba nese terreo máis tempo que a casa. Non sabía que paso dar a continuación. O meu plan era sinxelo. Ocuparme de Annia, selar ao home sen emocións e liberar ao ancián. Polo camiño atoparía a Moira e poderíamos irnos de alí. Pero se non podía fiarme do respaldo do outro espectro, tería que obrar con máis coidado.   —Onde estás Moira? —murmurei, moi quedo—. Por que non podo sentirte...? —Xa non está —respondeu unha voz ás miñas costas. Era a voz de quen desfruta facendo o mal. De quen non sinte remordementos por matar aos seus fillos—. Pero non te preocupes, pronto seguirás o seu cam...

Tori a Ladrona de Almas (II)

A primeira norma, se es unha boa Garda, é non interaccionar cos seres do teu redor se non estás segura de como van a reaccionar. Debes deterte e agardar ata poder dar un paso prudente. Eran varios os que tiña ao meu redor: o home sen emocións, a nena con tanto odio, unha muller que me miraba con tristeza e un adolescente. Este último era complicado, ás veces as emocións se xuntan e son difíciles de distinguir, había tantas cousas no seu interior que supuxen que estaría abrumado. Dirixinme a el primeiro. —Boas noites —saudeino. Era un mozo moreno, con expresión absorta, era baixo e gordo. Cando me mirou, pareceu atravesarme. Non parecía ter interese en nada do que ocorría alí. Non puiden evitar sentir mágoa. Igual que o ancián, ese rapaz estaba atrapado alí. Dirixinlles a todos unha mirada rápida, sen fixarme demasiado, pero buscando algo que xa imaxinaba: debían ser familia. As mulleres eran loiras, os homes morenos, todos de pel branca. Mostraban roupas elegantes, anticua...

A miña historia con Kiba (III)

Non sei se serei quen de describirche o mundo espiritual. Alí, realmente, non hai nada, pero as pantasmas poden reflectir os seus recordos no entorno para facelo máis amigable, ou menos, coma no meu caso. Proxectaron ante nós unha cadea. As paredes eran de ladrillo e o chan de cemento. Eu atopeime sentada nunha cadeira eléctrica. Non o era de verdade e eu o sabía, pero teño que recoñecer que axudou a facerme sentir intimidada. O secretario seguía sentado ante a mesma mesa, con Kiba ao seu carón. Apareceu unha anciá ante min, non sorria, Terra non adoitaba sorrir, pero aínda así foi reconfortante. Eco estaba detrás, cunha graciosa expresión de mal humor que me atemorizou máis aínda que o ambiente. —Mestras —saudei, baixando a cabeza de forma respectuosa. —Tori, estou decepcionada —rifoume Eco, cunha mirada triste—. Pensaba que sempre che deixaramos claro o importante que era cumplir as normas. —Tori, estou moi enfadada —rifoume Terra—. Foche estúpida. En ambos casos lle...

A miña historia con Kiba (II)

Era un día de sol, estaba na montaña e ao meu redor había neve. Se me asomaba pola fiestra a luz me deslumbraba. Pasara a noite nunha cabaña abandoada. Non contaba con que me pillara unha tormenta e tiven que refuxiarme alí. Por sorte, levaba un bo chisqueiro e puiden queimar os mobles, pero aínda sí pasei moito frío. Estaba a piques de sair para continuar o meu camiño cando alguén chamou á porta. Tardei un instante en abrir, pero pensei que tería que ser alguén nunha situación parecida á miña. Ao outro lado había un corvo, negro coma a morte. —Convócase a Tori, cos títulos de Rouba Almas, Torturadora e Ave Branca, da escola da Loba, discípula de Eco, a Morta, e Terra, a Escritora, a un concilio. Será xulgada polos seus crimes este mesmo atardecer —graznou—. En caso de non presentarse ou non chegar a tempo, será declarada culpable por dereito e aplicarase a pena capital. Antes de que puidera responder, desapareceu no horizonte. Quedeime alí, conxelada polo frío e a impresión, durante v...