Saltar ao contido principal
Conxuros
O sal fai de barreira. Evita que as pantasmas crucen dun lugar a outro. Se son fortes poden enfrentalo, normalmente póñense varias capas para suplir este inconvinte.
O sal que utiliza Tori é especial, está conxurado para ser máis eficiente, pero unha pequena barreira de sal sería suficiente
Conxuro de calma
Cada emoción ten o seu propio. É moi importante recoñecelas correctamente para enfocar ben a enerxía. Se un espírito sinte medo, de pouco lle valerá que calmes a súa ira. Unha boa Garda sabe responder as emocions do ser que ten ante si e actuar en consecuencia.
Normalmente, os conxuros son acumulacións de enerxía, pero que teñen que sair no momento adecuado e pola canle adecuada. Ás veces é un asubío, outras unha mira, incluso unha caricia. Todo ten que estar controlado.