Entrada I: recuperada


Supoño que son un becho raro porque, realmente, tiña dúas mestras. Unha delas semellaba ser unha nena, pero era moi anciana. A outra facíase ver coma unha anciana, pero era unha nena. Eran aboa e neta e nunca souben o por que do seu aspecto. A maioría dos meus compañeiros de profesión so tiveron un mestre: alguén recto e honorable, de fama e reputación. Houbo un tempo no que me daban envexa por iso, pero pronto comprendín que me equivocaba. Hai negocios nos que nada denota tanto o teu talento como que ninguén saiba que existes.

Disque cando un espírito che toca o teu destino cambia por completo. Alguén aparece na túa porta e colle a túa man para levarte consigo. Iso foi o que me pasou a min. Fai moito tempo, fun de paseo á montaña, ía coa miña familia de por aquel entón: a miña familia humana, xa che dixen que facía moito tempo. Quixen xogar e atopei unha capela. Entrei ao momento. Agora, xa con moitos anos máis enriba, non podo evitar preguntarme que esperaba atopar. A miña mirada, moito máis cínica e experimentada, impídeme entrar na mente daquela criatura que viu nunha igrexa abandoada unha grande aventura. Alí non había nada máis que uns poucos bancos podres e un altar. Achegueime lentamente, con medo. A aquelas alturas tiña a convicción de que as pantasmas non existían, pero unha cousa e estar convencido e outra atoparse a solas nun cemiterio á hora das bruxas. Mirei ao meu redor, rezando interiormente para non ver nada. Camiñei amodo ata chegar ao altar. Parecía que alguén derramara viño a última vez que estivera alí: quixen crer que era viño. Recei aos deuses que fora viño.
Pero non o era.

Disque cando un espírito che toca o teu destino cambia por completo. Alguén aparece na túa porta e colle a túa man para levate consigo. Iso foi o que me pasou a mín. Todavía choraba na miña cama cando alguén chamou á porta do meu cuarto. Non quería falar con ninguén, pero insistíu. Ao final erguinme e abrin. Había unha nena ante os meus ollos. Tiña o cabelo loiro e graxo e a pel pálida, perlada de pequenas manchas. Os seus ollos eran dun azul sucio, apagado, morto. Sorriu e vin que lle faltaban un par de dentes, o resto eran case amarelos. Era unha mocosa fea e estaba algo sucia, pero a quixen desde ese instante e querereina mentres acaba coa miña vida, pero esa é outra historia. Ela foi a miña primeira mestra: Eco. Ofreceume a súa man e tomeina sen dudar. Sen sabelo, entregueille a miña alma. Pero non vos preocupedes, naquel momento xa non era miña. A historia de como a recuperei é apaixoante e divertida, pero non adiantemos, o camiño faise paso a paso.

Eco levoume ata unha cova, tardamos bastante tempo en chegar e en ningún momento se me ocorreu preguntarlle nada. Alí había unha muller, como xa suporedes era unha anciana. O seu cabelo era branco coma a neve, a súa pel estaba limpa de calquera imperfección, tan solo as enrugas propias da vellez. Tiña os ollos verdes coma a natureza viva. Ela non sorriu. Era unha muller fermosa, semellaba perfecta, quíxena desde ese instante e quíxena mentres acababa coa súa vida, podo adiantarvos que isto ten que ver con que Eco queira matarme, pero non é o único motivo. Ela foi a miña segunda mestra: Terra. Convidoume a sentarme ante ela e xulgoume con toda a dureza dun ser absolutamente puro. Nun inicio, non pasei a proba, pero toleroume ata que fun digna. Esa tamén é outra historia.

Pode que neste momento te preguntes que é o que che vou contar, ben, quizais debín empezar por ahí, pero non quería que desbotaras estas páxinas tan pronto. Estas liñas falan dunha lenda e dunha historia real. Falan da vida e da morte, pero máis da morte que da vida. Falan da esperanza e da dor. A historia que che vou contar é a de como me convertín en Garda. E non, non tes que darme as grazas, non te preocupes.

Comentarios