Primeira misión en solitario (I)
Agora vouche contar a historia da primeira vez que me enfrentei soa a
un espírito. Pasou moito tempo e xa non lembro algunhas cousas, coma os
nomes e os pequenos detalles, ás veces confundo uns recordos con
outros, pero quero contar unha boa historia así que, se me invento algo,
terás que perdoarmo. Asegúroche que os feitos importantes son reais.
Vagabundeaba polas aforas dunha cidade, agora xa non existe. Atopeime a unha moza que choraba nunha esquina e achegueime a preguntarlle que lle pasaba.
—Ola, nena, que tes?
Non me respondeu, seguiu chorando, agochaba a cabeza entre os brazos. So lle via o pelo, era escuro.
—Veña, rula —insistín cun ton máis doce —. Non pasa nada, todo vai ir ben.
Agacheime ao seu carón e pousei a man sobre un dos seus brazos. Moi amodo ergueu a cabeza para mirarme. Tiña os ollos vermellos e hinchados, enmarcados por unhas escuras olleiras. Recoñecinas de seguido: era unha medium. Sen podelo evitar, os meus beizos transformáronse nunha expresión de lástima. Aquela rapaza non me respondera porque pensaba que era un espírito. Tiña a mirada perdida, mirábame sen verme.
—Como te chamas?
—Mito —repondeu por fin. Falaba baixo, con timidez, parecía asustada da súa propia voz.
—Ola, Mito, o meu nome é Tori. Sei que é o que che ocorre e podo axudarte. Todo vai ir ben.
Collina da man e acompañeina ata a súa casa. Custáballe camiñar porque estaba moi cansa. Ao chegar parouse en seco. Miroume, estaba asustada.
—Tranquila, Mito, estou contigo. Fálame da pantasma que che acosa, poderei axudarte.
Pechou os ollos e respirou moi fondo.
—É o meu irmán —explicoume —. Morreu hai moitos anos, pero eu non o perdín de todo, sempre puiden velo. Os meus pais pensaban que eran cousas de nenos e, cando entendín que eles nunca o ían ver, finxin que eu tampouco. Falaba con el ás agachadas no meu cuarto e soía facerme compañía, axudábame cos estudos e coas tarefas do fogar. Co tempo eu fun medrando, pero el non. Quedouse atrás e cada vez demandaba máis atención, creo que se sentía frustrado. Comecei no instituto e non puiden seguir pasando tanto tempo con el e... comezou a manipular os meus soños. Ao principio non sabía que era el, pero eran... eran pesadelos terribles. Pero iso non era nada comparado co momento no que levei a casa ao meu mozo. Era un compañeiro de clase. A partir de entón o meu irmán comezou a asustarme de verdade. Non podo durmir, porque sei o que me agarda cando pecho os ollos. E cando volvo a casa...
Asentín. Non tiña que contarme máis. O panoraba era case sempre o mesmo: portas que se pechan solas de repente, luces que se encenden e se apagan, palabras amenazadoras, brisas de aire frío...
—Si, xa me teño enfrontado a algunha situación similar —suspirei e leveime unha man á frente para aplicarme unha leve masaxe. Os espíritos dos nenos soen ser bastante duros de pelar —. Fálame un pouco máis do teu irmán, que idade tiña cando morreu?
—Doce anos. Chámase Reus. É un bo rapaz, pero está frustrado, ve que a miña vida avanza e el está barado no tempo para sempre
Mito rompeu a chorar, consoleina un anaco e mirei ao interior da casa. Os pais dos rapaces facía tempo que fuxiran dalí, vivían nun piso do centro, pero Mito non podía deixar ao seu irmán, sentíase responsable. Intentei explicarlle que nada do que fixera podería axudar ao rapaz, intentei explicarlle o pouco sentido que tiña adicarlle a túa vida a un morto, pero non o puido entender. Prometín axudala.

Comentarios
Publicar un comentario