Tori

Agora que me dou conta, aínda non sabes cal é o meu nome. O nome que me puxeron cando rematei o entrenamento, vamos, o anterior non ten importancia. Pois verás, eu son Tori. Iso é todo o que me define. Non son Tori a Rouba Almas nin Tori a Ave Branca, son Tori e punto. Isto é importante, de acordo? Lémbrao.

Podo adicar un instante a falarche algo máis de min, aínda que o importante o irás coñecendo na miña historia. Físicamente son bastante normal, o cal está ben, porque paso máis desapercibida e así non teño que usar a miña forma animal. Imaxínate unha loba pola cidade, sería un problema. O meu cabelo é castaño e os meus ollos tamén, xa sabes, moi normal. Non chego a ser alta, pero tampouco son baixa. Non estou gorda nin delgada, estou sana, para cazar pantasmas hai que estar algo en forma. A miña pel é amarillenta e teño as mans grandes, pero delicadas. Creo que se hai algo que destacar de min son as miñas mans. Son bonitas e hábiles.

Ás veces as humanas achéganse a falarme, aínda me gusta a súa atención, pero normalmente non lla devolvo. Para min son moi novas e algo frívolas. A miña existencia é trascendente, non me xulgues, non podes comprendelo. Pero fixen excepcións, ás veces só por diversión, máis a través dos séculos houbo algunhas ocasións nas que realmente me namorei dunha humana. Un deles foi Kiba, pero non foi o principal, o meu máis grande amor foi Emma. Nunca poderei esquecela, quizais che fale dela máis adiante. Creo que me gustaría compartir contigo ese recordo. Emma...

Comentarios