As escolas das Gardas

Supoño que debería empezar a explicar que é unha Garda. Tes que entender que con isto estoume a saltar unha das nosas normas principais, pero recoñezo que non é a primeira vez. Como poderedes imaxinar a estas alturas, todas as Gardas fomo humanas no seu día, pero alguén nos elixiu. Os espíritos móvense entre a casualidade e o destino, atópannos no momento indicado. Ás veces somos simples bebés, outras, ancianas ás portas da morte, pero nada diso importa porque, no momento no que alcanzan o noso corazón, quedámonos paradas no tempo. Iso non significa que sexamos inmortais, pero sí que non é o tempo quen esgota as nosas vidas.

Antes de explicarte que é o que facemos, explicareiche que cada unha de nós ten un animal guía. O que escollas dependerá da túa mestra. Os rumores din que as escolas de mamíferos son as máis forte, pero, podedes crerme, iso non son máis que prexuizos. O que conta é como se utiliza ese poder. Eu pertenzo á escola da Loba, iso significa que podo tomar a forma de ese animal. A nosa forza provén da ira e somos máis poderosas cando é de noite e hai lúa chea. Podes entender que isto supón un problema bastante grave para min, pois a miña mestra segue, como é lóxico a miña mesma escola. E non está nada contenta comigo. Terra, en cambio, pertencía a escola da Salamántiga e, asegúrovolo, era poderosa. Eu puiden escoller entre ambos animais, pero o meu corazón soubo sempre que me decantaría pola Loba.

A nosa misión é velar polo equilibrio do mundo espiritual e terreal. Normalmente, a este último o chamades mundo humano, porque sodes así de egocéntricos, pero hai moito máis, que che quede claro. Aínda que ti non os vexas, hai espíritos ao teu redor. A maioría son inofensivos, como moito poden causarte algunhas pesadillas se fas algo que non lles parece ben, pero non se meten cos humanos. En ocasións, sen embargo, algún se volve malo, normalmente pola vosa culpa. Entón é cando actuamos nós. Aparecemos e, se podemos, o calmamos. Cando isto non é posible procedemos a selalo hasta que se tranquilice, pero non che vou enganar, algúns tardan algúns séculos.

Entre as escolas hai bastante competencia, todas queren demostrar que son as mellores. Moitas intentan selar ao máximo moito de espíritos posible, especialmente se son poderosos. Teño que recoñecer que a escola da Loba é das peores nese sentido, moitas das miñas compañeiras non se molestan es calmar aos espíritos máis poderosos, directamente os encarcelan para vanagloriarse do seu triunfo. Incluso Eco caeu nese erro algunha vez... A lección máis importante que aprendín de Terra foi a de poñer o benestar do espírito por enriba de todo. Gústame pensar que cada vez que podo evitar selar a algún estou honrando a súa memoria. Quizais te preguntes por que, pois fun eu quen acabou coa súa vida, pero iso non significa que non a amara. Non había ser máis puro que Terra, sempre a amarei. Sempre. Pero, xa sabes, iso é outra historia.

Como xa vos dixen, a Loba é unha das escolas máis competitivas e das máis respectadas, pero hai outra peor: a escola da Tigresa. E alí se atopa o meu peor inimigo, porque si, tamén nos facemos inimigos. O seu nome é Kiba. Cando aínda era humano, namoreime del. Xa sabedes, a xuventude... Acababa de comezar a ser Garda e botaba de menos a miña humanidade, el era todo aquilo que perdera e... bueno, todos nos namoramos de alguén imbécil algunha vez, seguro que me entendes.

A escola da Tigresa e a da Loba son inimigas irreconciliables, de feito, temos orde de matalos se atopamos a algunha. Seguro que pensas que isto non está ben, estou de acordo. Sempre intentei evitar cumplir o mandato, fágome a torpe e déixoos escapar cando se ven acorraladas, pero sempre hai algunha que loita ata morrer. Non te imaxinas o cansino que é.

Realmente, o de matar Gardas non é de todo legal, pero as outra escolas fan a vista gorda porque... bueno, porque nos odian e esperan que nos exterminemos as unhas as outras. Podo comprendelas.

Comentarios