Antes do principio
Ben, todo comezou cando Eco apareceu na miña porta. Houbo algúns problemas sen importancia que resolver como o de dicirlles aos meus pais que me iría para sempre, pero de verdade queres que che conte iso? Non te das conta da embergadura desta historia...? En fin, supoño que teño tempo para todo, podo ir pouco a pouco.
Verás, o caso é que me escapei de casa coma miña mestra e pasei toda a noite fora. Quizais non o expliquei antes, pero eu era moi xoven por aquel entón. Fai tanto que perdín a miña humanidade que non podería dicir cantos anos tiña, pero entre oito e vinte, seguro. Poderás comprender que os meus pais se preocupasen, que lles entrase o pánico e que chamasen a policía. Cando volvín á casa, acompañada dunha nena que ninguén máis vía, sucia e contando historias de pantasmas, non se quedaron moito máis tranquilos. Terás que perdoarme, pero os detalles foronse perdendo entre recordos, aquela época está algo difusa. Sei que intentei falar con eles polas boas, pero a cousa non acabou ben. Lembro que Eco viña ás veces, chamaba á porta do meu cuarto e ofrecíame a súa man. Ninguén nos vía marchar. As veces me levaba a un prado, para que sentira a herba medrar. As veces a un deserto, para que sentira a morte. Naqueles días o meu entrenamento sempre consistía en sentir algo. Non se me daba moi ben, pero Eco non se frustraba.
-As pedras non se converten en area despois da primeira ola -dicía.
O primeiro que sentín foi a morte. Á miña mestra non lle gustou, pero non quixo explicarme por que. Eu tardei moito en comprendelo pola miña conta, pero xa chegarei alí. Estábamos no prado, en algún momento picoume un becho e acabei con el dun manotazo. Non foi nese instante, senón horas despois, pero foi a primeira vez. A primeira vez que morrín. Foi entón cando me sometín á segunda proba de Terra, e esa vez paseina.
Nese momento tiven que enfrentarme seriamente aos meus pais. Sei que daquela tiña suficiente idade como para facer o que crise oportuno, porque foi o argumento que usei para que me deixaran marchar. Prometín ir a velos unha vez ao mes, para que souberan que estaba ben. Cumplín a miña promesa, pero non sempre da forma que eles desexaban. Ao fin e ao cabo, para cando eles morreron eu seguía tendo o mesmo aspecto que o día que marchei da casa. Creo que os quixen, pero aínda que queira non podo lembralo.
O día que marchei da casa apenas levei pertenzas comigo. Un par de mudas e nada máis. Eu xa non pertencía ao mundo humano e non tiña as mesmas necesidades. Fun á cova onde se vivían Eco e Terra, alí me acolleron. Durmía nun rincón e comía o que me daban, pero tampouco precisaba máis. Fun moi feliz naqueles días.

Comentarios
Publicar un comentario